Comunicación    Ultimas noticias

A “Secretaría Xeral de Emprego” da Consellería de Economía, Emprego e Industria, outorgou unha subvención a INSTALECTRA por importe de 12.144,79 € para a contratación de un "Enxeneiro Técnico Industrial na rama de electricidade" para a realización do servicio de "Oficina de información e apoio ao instalador".

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89 % polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil a través do “Programa Operativo de Emprego Xuvenil”, e está destinada a sufragar os custos salariais e da cotización empresarial da seguridade social derivada de dito salario.

As actuacións que se van a realizar son:

• Informar e asesorar sobre as instalacions electricas e telecomunicacións.

• Dinamizar e xerar novas actividades empresariais no sector das instalacións mediante a incorporación de novas tecnoloxías como son a eficiencia enerxética, contribuíndo á mellora e profesionalización do instalador.

• Consolidar actividades emerxentes relacionadas cos novos xacementos de emprego e a de alternativas de desenvolvemento nas empresas existentes.

• Apoiar todo tipo de iniciativa empresarial.

• Informar e formar de xeito personalizado ás empresas respecto as novas tecnoloxías.

Consideramos que é moi importante a figura dun ENXEÑEIRO TÉCNICO INDUSTRIAL NA RAMA DE ELECTRICIDADE para que poida resolver todas as dúbidas que lle van xurdindo a diario ao instalador, xa que non podemos esquecer que o tecido empresarial galego está composto no noso sector por un 65% de microempresas ás que lle resulta moi complicado incorporar aos seus persoais un técnico competente que lles clarifique as dúbidas regulamentarias e técnicas.

Os beneficiarios son mozos desempregados inscritos no “Sistema Nacional de Garantía Xuvenil”, e o servizo a realizar ten un marcado interese xeral e social dado que se levarán actuacións de apoio ao instalador no ámbito de instalacións electricas nos que están implicados o noso sector.

Por último sinalar a posibilidade que lles da ós mozos contratados de iniciarse no mercado laboral en funcións relacionadas có seu perfil profesional, e poder así obter unha experiencia laboral que lles permita no futuro optar a novas incorporacións no seu ámbito profesional.

Plan emprego xuvenil 2017

O Concello de Vigo colaborou no financiamento das gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

Cartel Plan Fomento Emprego - Concello de Vigo 2017
Enlace al facebook Instalectra
Enlace al BOE
Enlace al DOG
Enlace al BOP
Conselleria
Buscador de empresas
Enlace a Xunta
Programa carpetillas


Plan empleo juvenil






Contadores

CursosContadores de visitas gratis para web

C/ Príncipe 22 5ª planta, 36202 Vigo (Pontevedra) - Tel. 986 224 903 - Fax. 986 227 611 - e-mail: instalectra@instalectra.org
Aviso legal